O rural galego non está morto. Resístimonos a crelo e loitamos para que cada día sexamos máis os que teñamos unha oportunidade nel.
Casa Quiroga Hortofrutícola é iso. Unha aposta por poñer ó rural no espazo que merece. E coa castaña, porque é o máximo expoñente da Galicia verde, da terra soñada que temos o privilexio de habitar. O mellor exemplo de que o noso rural ten un potencial sen límite é o feito de que os produtos galegos son demandados e valorados en todo o mundo. Só nos falta tender pontes amplas para conectar as grandes potencias consumidoras connosco, os grandes produtores. Traballamos día a día para que o rural galego chegue ao resto do mundo en forma de alimento tradicional e de calidade. |